Presentación do libro-disco de AS MAMIÑAS en Vigo

Categoría: Nova

Este sábado, ás 18 horas, na Libraria Andel de Vigo, as nenas e nenos de Vigo teñen unha cita coa música e as aventuras que As Maimiñas porán sobre o escenario para presentar o seu libro-disco UNHA VIAXE POLO MUNDO.
"Unha viaxe polo mundo" conta a historia de como As Maimiñas (Lucía-Mai e Irene-Miña) deciden ir unha tarde de paseo. Sen se decatar, van chegando a distintos países. En cada un deles van interpretando cancións e danzas típicas. As Maimiñas adobían cada canción vestíndose coa roupa e os complementos que caracterizan cada un dos países visitados e ofrecendo divertidas coreografías que farán que as nenas e nenos que se acheguen polo concerto, pasen un serán inesquecible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email