Presentación do Premio Blanco Amor 2019: “Virtudes (e misterios)”

Categoría: Nova

Onte, na Pazo Provincial de Ourense, celebrouse unha rolda de prensa ao redor da novela gañadora do Premio Blanco Amor 2019 Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. A novela foi presentada polo autor, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o director da Fundación Eduardo Blanco Amor, Luis González Tosar e o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión.
O galardón, convocado polo Concello de Ourense e a Fundación Blanco Amor, concedeuse ao escritor e xornalista pola súa obra, na que analiza a realidade da emigración dende un relato vital da súa avoa. Estamos ante un libro no que Xesús Fraga se propuxo contar a emigración desde a parte dos retornados. Sobre todo, relata unha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.

Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email