Presentación de TINTA en Santiago

Categoría: Nova

Este mércores, a escritora Inma López Silva presenta o seu novo libro, Tinta. Estará acompañada polo escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o actor Cándido Pazó.

Este libro reúne algúns dos relatos da autora que, como ela mesmo ten declarado, en moitos casos foron cernes de posteriores novelas súas. Ao tempo, a lectura destes relatos, no seu conxunto, permitiranos apreciar a evolución, ao longo do tempo, da escrita da autora compostelana.

Comparte nas túas redes sociais ou por email