Este venres, dentro dos actos programados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, os escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro presentarán O NENO CAN, libro publicado en beneficio de UNICEF.
Os autores estarán acompañados polo director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes e Gloria del Río, presidenta de UNICEF Galicia.
En O NENO CAN, en verbas do crítico literario Francisco Martínez Bouzas, "a autora e o autor con moita habilidade e oficio á hora de contar historias, ponnos diante das conxunturas dramáticas cun equilibrado realismo. Foxen á vez dos pormenores obscenos e noxentos, mais sen enmascarar a realidade e sen concesións aos sentimentalismo. As únicas pingas de dozura son as relacións, poderiamos dicir que "humanas", que estes heroes marxinados establecen cos seus respectivos cans.
Unha linguaxe limpa, lixeira e clara é o instrumento axeitado para resaltar a sinxeleza expositiva deste libro, á vez de denuncia e de esperanza".

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR