O día 28 de febreiro, ás 12:30 h, celebrarase, no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, a presentación do libro-disco Novelovento, de Emilio Rúa, dentro dunha xornada de homenaxe a Álvaro Cunqueiro. En nome de Editorial Galaxia irá Eva López.

O cantautor Emilio Rúa musica os poemas do libro Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro. Este é quizais o poemario máis logrado do autor, fusión de vangarda, neotrobadorismo, modernidade e existencialismo. Texto e música peneirados a través dos fíos sonoros tecidos por Emilio Rúa neste Novelovento.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR