Presentación de Lobísimo do saco en Vigo

Categoría: Evento

O día 27 de setembro, ás 20:00 h, realizarase a presentación de Lobísimo do saco. Tres titiritadas de Bernardino Graña na Casa do Libro en Vigo. Ademais de contar coa presenza do autor, no evento intervirán Malores Villanueva, editora do libro, o crítico literario e escritor do epílogo, Ramón Nicolás, o escritor e crítico literario Xesús Alonso Montero e o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.

Neste libro atoparás tres pezas de teatro infantil: Sinfarainín contra don Perfeuto, Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán) e Lobísimo do saco.

Os animais son os protagonistas destas historias que conteñen moito humor, pero tamén invitan a reflexionar sobre o abuso do poder, a tiranía, en definitiva, o terrible que é para unha sociedade perder a liberdade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email