Presentación de JAN ESTIVO ALÍ en Ferrol

Categoría: Nova

Hoxe, o escritor Xosé A. Neira Cruz presentará, acompañado do director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes e o ilustrador David Soler, o seu novo libro Jan estivo alí co que, ademais, a nosa editorial inicia unha nova colección: Árbore Arte.

Estamos diante dun libro de gran formato, no que arte e literatura van da man nunha historia singular que parte da premisa de que, dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini, que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo do cadro hai unha sorpresa, e desa sorpresa naceu esta historia na que o texto, e a recreación que o ilustrador fai da obra clásica e doutros cadros antigos, dan como resultado un volume que está chamado a ser un dos grandes textos do ano.

Comparte nas túas redes sociais ou por email