Presentación de “Distancias” en Vigo

Categoría: Nova

O día 2 de marzo, ás 20:00 h, celebrarase, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Distancias, de Tamara Andrés, ilustrado por Marcos Viso. Acompañando aos autores, asistirá Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.

Distancias é un artefacto poético concibido por Tamara Andrés e Marcos Viso, un álbum ilustrado sen fronteiras nin idades, unha pregunta constante, un deixarse levar.
Unha obra que nos obriga a facernos preguntas, dende a súa sinxeleza e preciosismo visual, rétanos a saír da nosa zona de cónfort e enfrentarnos a nós mesm@s a través da súa lectura. A poesía e a ilustración de dúas voces senlleiras da nosa cultura, mestúranse para dar vida a un proxecto único, que dará moito de que falar.

Despois do sobre viaxeiro Bicos, laranxas e un feixe de pensamentos, Distancias é o segundo froito de Cartas ás 12, un proxecto que os dous creadores idearon para experimentar, para asombrarse, para establecer un diálogo sen xerarquías entre texto e ilustración, para amosar a literatura como unha arte en acción.
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email