Presentación de COVALLADAS, de Xurxo Borrazás

Categoría: Nova

O escritor Xurxo Borrazás presenta o seu último libro, Covalladas. Prosa vertical.

Estará acompañado por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Arturo López Regueiro, poeta.

Neste o seu novo libro de estrutura rizomática e aparencia alegórica hai máis parodia que alegoría, parodia do literario, da vida e das convencións. No ronsel de Sterne e Swift, de Lewis Carroll, Kafka ou Beckett, ou das lendas tradicionais galegas e europeas das covas e dos mouros, en Covalladas, Xurxo Borrazás achega unha historia que salta por riba das palabras, un humor que xoga a dotarse de sentido sen caer na trampa de reducilo todo ao sentido.

Comparte nas túas redes sociais ou por email