Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Marín

Categoría: Nova

A autora Iria Collazo López presentará a súa novela COMA UNHA ÁNCORA acompañada por Pedro Cortegoso de Queremos Galego Marín e do editor e escritor Francisco Castro.
A novela de debut de Iria Collazo López está a ter unha magnífica acollida en todo o país. De feito foi o libro máis vendido na categoría xuvenil durante o mes de Setembro nas librerías de toda Galicia.
Deste libro, o crítico Ramón Nicolás sinalou que é "unha novela sólida onde a presenza omnímoda do mar rexe, coas súas propias leis, as vidas dos protagonistas: os que están e os que xa non están. Tamén é o mar quen goberna o tempo e o espazo dun xeito diferente a como o entendemos para que á súa sombra se diten sucedidos, lendarios ou non, alentando á mantenta entre a realidade, a historia e a ficción. Un monllo de personaxes a vivir historias de amor e de resistencias que precisan, sempre, unha áncora que as amarre á esperanza".

Comparte nas túas redes sociais ou por email