O día 9 de outubro, ás 20:00 h, realizarase no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, a presentación de Co pai , un libro inédito de Xosé Neira Vilas. Á mesma asistiran o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo Neira, o secretario de política lingüística Valentín García Gómez e Dolores Vilavedra, autora do estudio introdutorio.

Textos inéditos

Na Habana, en febreiro de 2000, o autor de Memorias dun neno labrego, que antes lle dedicara un libro de lembranzas á súa nai, titulado precisamente Nai, decidiu escribir unha serie de prosas relacionadas co seu pai. O título: Co pai, é dicir, as vivencias do narrador co seu pai. As experiencias dos dous xuntos, en común, en compaña nos labores, traballos e problemas domésticos. Ao ser Neira Vilas o fillo máis vello, foi o que tivo un vecello máis estreito co seu pai na etapa máis vital, de traballo, deste. A memoria do pai aparece dese xeito case sempre vencellada á casa e aos labores agrarios: “Home multiplicado, a un tempo construtor, carpinteiro, labrego, atendendo as lúas, restrabando e sachando”. Vinte e cinco retrincos dunha relación fundamental, sempre presente na obra literaria do seu autor.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR