Presentación de AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA en Vigo

Categoría: Nova

A escritora Raquel Castro presentará o seu libro AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA, publicada na colección Árbore, acompañada do editor Francisco Castro, en Librouro ás 20 horas, este venres 11 de marzo.
Neste libro a autora argalla unha divertidísima historia que nos explica que cando un está malo necesita que lle dean un medicamento… ou un monllo de sorrisos, de brincadeiras divertidas e algo de ilusión na vida.
Atopamos tamén unha morea de personaxes necesitados dun tratamento urxente de felicidade para amañar o seu triste corazón. Cunha doutora moi especial…a doutora Ledicia!

Comparte nas túas redes sociais ou por email