Presentación de A CICATRIZ BRANCA en Lugo

Categoría: Nova

Este xoves día 7 ás 20h, Margarita Ledo, en Sargadelos de Lugo, falará da edición en libro-dvd do seu último filme de vén de saír na Editorial Galaxia e que leva por título A CICATRIZ BRANCA. Estará acompañada por Tonina Gay e Víctor F. Freixanes. A editorial Galaxia organiza o acto en colaboración coa Asociación Cultural Valle Inclán.

O DVD vén acompañado dun mollo de textos de José Manuel Sande e Pilar Cagiao, e unha serie de colaboracións en forma de textos escritos por xente que formou parte do equipo do filme: a propia Margarita, Eva Veiga, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Renata Otero, Xoana Pintos, Ramiro Ledo e Abe Rábade, que dan idea de que o filme foi, alén dunha experiencia profesional, un espazo de relacións íntimas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email