Presentación de A CICATRIZ BRANCA en Compostela

Categoría: Nova

Mañá mércores 29 ás 20h, Margarita Ledo, no NUMAX de Santiago, falará na libraría da edición en libro-dvd do seu último filme de vén de saír na Editorial Galaxia e que leva por título A CICATRIZ BRANCA. Estará acompañada po Pilar Cagiao e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
O DVD vén acompañado dun mollo de textos de José Manuel Sande e Pilar Cagiao, e unha serie de colaboracións en forma de textos escritos por xente que formou parte do equipo do filme: a propia Margarita, Eva Veiga, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Renata Otero, Xoana Pintos, Ramiro Ledo e Abe Rábade, que dan idea de que o filme foi, alén dunha experiencia profesional, un espazo de relacións íntimas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email