Presentación de A ARTE DO IMPOSIBLE en Santiago

Categoría: Nova

Hoxe martes ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, Ramón Máiz presenta este ensaio que recibiu o Premio Ramón Piñeiro 2010. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Xan López Facal.
Segundo o autor, en declaracións ao xornal 'Galicia Hoxe' trala concesión do premio, "A novidade é recuperar o valor da política como arte do imposible máis que como arte do posible, o seu carácter produtivo, creativo, transformador e inaugurador dunha nova orde. Un concepto que abandone a idea de que quen está en política o fai por intereses persoais e é espello dunha realidade. Recuperar a idea de política dos clásicos, como construción, non como reflexo. Ser político é ter proxectos distintos"

Comparte nas túas redes sociais ou por email