Despois do éxito enorme obtido co seu anterior receitario, preséntase por fin en sociedade e chega ás librerías o segundo libro do popular cociñeiro Benigno Campos.
Neste 'Novas receitas da cociña de larpeiros' imos atopar toda unha enorme proposta de pratos e sobremesas para satisfacer os padais máis esixentes. Neste caso, ademais, vai co engadido dunha proposta musical na que Benigno Campos e algunhas das súas colaboradoras entoan a felicidade musical que pode nacer arredor dunha boa mesa.

A presentación contará coas intervencións de Participan Alfonso Cabaleiro, Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Xosé Cermeño, director do programa Larpeiros, Tomás Alonso, compañeiro do programa, e o autor, Benigno Campos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR