Presentación da fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo en Ourense

Categoría: Nova

O libro RAMÓN OTERO PEDRAYO. UNHA FOTOBIOGRAFÍA (1888-1976), editado pola Fundación Ramón Otero Pedrayo será presentado coa partipación de Xesús Vázquez Abad (conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia), Xosé Manuel Baltar (presidente da Deputación de Ourense), Víctor F. Freixanes (presidente da Funcación Otero Pedrayo) e os autores do libro Patricia Chachero e Afonso Vázquez Monxardín.
Proxextarase unha presentación de documentos e fotografías sobre Ramón Otero Pedrayo.
A OBRA:
Ao longo destas páxinas, os lectores e lectoras do século XXI teñen oportunidade de viaxar por un tempo histórico: a memoria das cousas, ilustrado con documentos gráficos que contextualizan a biografía do Patriarca. Despois del, ninguén con tanta xustificación e tanta unanimidade recibiu semellante tratamento.
Otero é un xigante intelectual, unha especie de titán, xunto cos seus compañeiros de andaina histórica. Así se concibiu este traballo que o vindeiro martes se presenta.

Comparte nas túas redes sociais ou por email