Presentación da edición aumentada de SEMPRE EN GALIZA

Categoría: Nova

Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Francisco Castro, editor e escritor, presentarán a Edición Aumentada do SEMPRE EN GALIZA preparada en colaboración co Consello da Cultura Galega co gallo dos 70 anos da publicación do libro.
Trátase dunha app para tablets e móbiles Apple e Google Android, de descarga gratuíta, editada polo Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia coa colaboración do Parlamento de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela. A app contén o ‘Sempre en Galiza’ completo e numerosos contidos adicionais, como estudos sobre o proceso de creación e documentación da obra, materiais adicionais, biografías de Castelao, fotogalerías, vídeos, etc.

Comparte nas túas redes sociais ou por email