Presentación-concerto XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! na Coruña

Categoría: Nova

Mañá mércores 2 de xullo, ás 19.30 h., a familia María Fumaça estacionará o seu tren da alegría na Bilbioteca Municipal Monte Alto da Coruña para un concerto que servirá de presentación do seu novo traballo, XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ!
O acto está organizado pola Librería Sisargas, a Biblioteca Municipal Monte Alto, a AA.VV. Atocha-Monte Alto-Torre de Hércules e a Editorial Galaxia.
A segunda entrega da familia María Fumaça volve de novo á Coruña, desta volta para presentar este XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! que nos recorda o son da locomotora pola vía, e que este é un tren cheo de vida e de optimismo que, como no caso anterior, está a namorar a milleiros de cativos e cativas de todo o país.
A entrada é de balde ata completar aforo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email