Foi esta unha fin de semana ben chea de novas agradables para Galaxia, pois dúas das súas autoras foron galardoadas con dous premios importantes.
Por unha banda, Xulia Alonso Díaz recibía o Antonio Losada Diéguez no apartado de creación literaria pola súa obra de debut 'Futuro imperfecto'. O xurado valorou en 'Futuro imperfecto' a grande intensidade emotiva que introduce a vida dentro da literatura. Narra unha experiencia vivida que representa tamén a historia dunha xeración que sucumbiu ao engano da droga como negocio maneado por xente sen escrúpulos.
Por outra banda, na noite do sábado fallábanse os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. No apartado de poesía, a escollida como mellor obra das publicadas en 2010 foi 'Estremas', de Ana Romaní quen, ao recoller o premio, explicou que era un libro 'escrito dende a furia, dende o arrebato'.
Dous premios que nos enchen de ledicia e que amosan a vitalidade das nosas creadoras.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR