Premios para Murado, Forcadela e Barros

Categoría: Nova

Esta fin de semana foi especialmente xenerosa no que a galardóns literarios se refire para os autores da Editorial Galaxia.
Por unha banda, o escritor Miguel Anxo Murado recibía o Premio Frei Martín Sarmiento pola súa obra 'Fin de século en Palestina'. Este é un galardón certamente especial para calquera escritor na medida en que é concedido directamente polos escolares galegos, arredor de 5000 en total son os que participan nas votacións.
Por outra banda, nos premios da Crítica Galicia foron recoñecidos os libros 'Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo', de Miguel Barros, na modalidade de Investigación e no espazo de Ensaio, 'A mecánica da maxia, Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro', de Manuel Forcadela.
Sen dúbida, unha moi boa colleita nesta primavera literaria plena de palabras interesantes e de lúcidas reflexións.

Comparte nas túas redes sociais ou por email