Premio San Clemente para FUTURO IMPERFECTO

Categoría: Nova

O primeiro libro de Xulia Alonso Díaz, 'Futuro imperfecto', resultou gañador da XVII edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente en lingua galega. Os outros finalistas foran 'Denso recendo a salgado', de Manuel Portas, e 'Cabalo de ouros', de Víctor F. Freixanes.

En castelán a novela gañadora foi 'Riña de gatos', de Eduardo Mendoza, e en lingua estranxeira 'Brooklin', de Colm Tóibin.

Organizado polo Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, o Premio está dotado con 9.000 euros e recoñece a mellor novela do ano en cada modalidade, elixida por alumnos de Bacharelato deste e doutos catro institutos galegos. A edición deste ano contou ademais cun instituto portugués e outro de Madrid.

Comparte nas túas redes sociais ou por email