Trátase da primeira obra dedicada á historia do velocipedismo galego, con especial referencia os tempos anteriores a Delio Rodríguez e os seus irmáns. O seu autor, Xerardo González Martín, xa tiña publicado 11 libros de historia de Vigo, un deles dedicado as orixes do automóbil na provincia de Pontevedra, que mereceu no seu día o premio histórico da Fundación RACE.

Este minucioso estudo sobre o ciclismo galego, que foi presentado pola conselleira de Cultura con motivo da salida da Volta Ciclista a España 2007, en Vigo, achéganos a personaxes fascinantes, como José Curbera Fernández, logo importante empresario conservero, que con varios récords nacionais foi un dos máis brillantes corredores aficionados de finais do século XIX. Pouco despois chegou o noso primeiro campión de España, Manuel Neira, sprinter destacado que consiguiu o seu título en Mallorca, en 1904.

O libro 120 anos de ciclismo galego constituiu a base para que Merlín Comunicación montara unha exposición na que, en medio centenar de paneis, se ofrece unha amplia panorámica da evolución do ciclismo galego. Esta mostra, co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, visitou xa máis de vinte localidades e agardamos continúe o seu percorrido.

Os IV Premios Galicia de Xornalismo Deportivo se entregarán o vindeiro 17 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR