1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen cunha novela escrita en castelán ou galego, conforme ás normativas establecidas, en cada caso, pola Real Academia Española e a Real Academia Galega. Os autores e autoras só poderán enviar unha obra ao concurso, que deberá ser orixinal e inédita en todolos formatos e non poderá ter sido premiada noutros concursos.

2. Será otourgado un único premio dotado de SEIS MIL EUROS (6.000€) suxeitos ás retencións legais que resulten aplicables. O gañador ou gañadora recibirá tamén un diploma acreditativo e verá a súa obra publicada en castelán e galego. A obra en castelán será publicada pola Editorial Galaxia no seu selo Mar Maior, e a obra en galego será publicada na colección Literaria da Editorial Galaxia. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos da edición en papel e dixital en castelán e galego do texto gañador, incluídos os de publicación, distribución e explotación. Estes dereitos corresponderán, en exclusiva, á Academia Xacobea. Ademáis farase entrega de vinte exemplares ao autor ou autora gañadora. Así mesmo, establécese un accésit sen dotación económica para a mellor obra literaria presentada na lingua que non obteña o primeiro premio, ao que se lle concederá tamén diploma acreditativo. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que os orixinais presentados non reúnen a calidade suficiente.

3. O Camiño de Santiago será o tema referencial para a ficción narrativa, que deberá estar presente de maneira notoria na novela na súa vertente física, histórica, cultural, social ou imaxinaria. Poderanse presentar novelas, relatos e conxuntos de relatos. As obras presentaranse en papel nun sobre xeral onde conste “I Premio de Novela Camiño de Santiago”. Os orixinais serán enviados por duplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A4, polas dúas caras, numerados, grampados ou encadernados. A novela terá unha extensión mínima de 200 páxinas a dobre espazo e letra Arial 12, con marxes non superiores a 3 cms. Incluirase outro sobre no sobre xeral cos seguintes datos no seu exterior: I Premio de Novela “Camiño de Santiago”, título da obra e un lema ou seudónimo. Incluirase no interior do sobre unha copia do documento nacional de identidade, enderezo, número de teléfono e correo electrónico do autor ou autora, ademáis dunha breve nota bibliográfica no caso de ter publicado con anterioridade, e unha declaración expresa de que a obra non foi premiada ata a data da presentación en ningún outro certame literiario, nin foi obxecto de publicación. Ademáis, deberá incluírse no sobre xeral outro escrito no que conste a conformidade do autor ou autora coa cesión dos dereitos de edición en papel e dixital en castelán e galego da súa obra no caso de resultar gañadora, incluídos os de publicación, distribución e explotación.

4. As novelas enviaranse, antes do 30 de outubro de 2018, á seguinte dirección:

Academia Xacobea
Pazo de San Roque, numero 2
15781 Santiago de Compostela

5. O Xurado estará composto por cinco personalidades do mundo literario designados pola Academia Xacobea, un deles, en represenación da Editorial Galaxia. Acturá como secretario do Xurado, con voz e sen voto, unha persona designada a tal efecto. A composición do Xurado darase a coñocer, con anterioridade á súa reunión, na páxina web da Academia Xacobea.

6. O Xurado actuará nunha única sesión, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. As deliberacións serán secretas e delas extraerase a acta correspondente. A decisión do Xurado será inapelable e darase a coñecer nun acto público no Hostal dos Reis Católicos nun día do mes de decembro de 2018 que se fará público na páxina web: www.academiaxacobea.gal

7. No acto público da entrega do premio estarán presentes representantes da entidade convocante, das institucións colaboradoras e da editorial, así como dos membros do Xurado e o gañador ou gañadora.

8. Os orixinais non premiados serán destruidos tras facerse pública a resolución do Xurado.

9. A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte das persoas que participen na convocatoria, que ademáis teñen o deber de comunicarlle á Academia Xacobea a concesión de calquera premio ou publicación que obteña a obra presentada durante o transcurso do premio e que producirán a exclusión automática do mesmo.

10. A decisión sobre os aspectos non incluídos nestas bases ou aqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, correspóndelle á Academia Xacobea, a cal, unha vez consultados os membros do Xurado e as entidades colaboradoras, emitirá un ditame inapelable.

Podes descargar o díptico coas bases aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR