Poniatowska e Murakami, candidatos ao Príncipe de Asturias

Categoría: Nova

Os escritores Haruki Murakami e Elena Poniatowska protagonizan hoxe unha parte importante da atención mediática cultural en todo o Estado pois son dous dos nomes que baralla o xurado do Premio Príncipe de Asturias das Letras para recibir o galardón o vindeiro mércores. O xaponés e a mexicana forman parte da terna de candidatos nos que tamén están outros nomes de relevancia como Eduardo Galeano ou Antonio Tabucci.

Murakami estivo hai ben pouco en Galicia para presentar a súa nova obra, publicada antes en galego que en castelán, "Do que estou a falar cando falo de correr". O nipón xa publicara en Galaxia "Tras do solpor" e na súa estadía entre nós puido comprobar o predicamento e a admiración que os lectores e lectoras de Galicia senten por este autor de culto en todo o mundo.

Pola súa banda, a escritora mexicana Elena Poniatowska visitaba Galicia o pasado mes para recibir o galardón da AELG que a recoñecía como "Escritora galega universal". Co gallo deste recoñecemento, un mollo ben importante de autores a autoras galegos verqueron algús dos seus relatos no volume, editado na nosa colección Literaria, "A filla do filósofo".

Daquela, dende a Editorial Galaxia celebramos estas candidaturas ao tempo que proclamamos o noso orgullo por contar cos seus libros no noso catálogo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email