Onte arrancou, da man de Patricia Rivas Gallego, autora do libro Prana Apanaa primeira das masterclass da Escola de Letras que auspicia a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. Falou sobre Poemagrafía. Unha clase animada e un coloquio estupendo. 

Acompañando á autora, participaron no acto, a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso Méndez, e o Director Xeral da Editorial Galaxia e da Escola de Letras, Francisco Castro. 

Agora, paramos durante as vacacións pero a Escola de Letras volve en setembro.

Patricia Rivas Gallego naceu en Vigo en 1976, ten estudos de Filoloxía Galega e é educadora social. Impartiu obradoiros de animación á lectura e creación literaria. Xunto con Felipe Sánchez, creou no ano 2000 o grupo C@ntacontos, de música e narración oral. Colaborou en diferentes revistas, como HGT, Saludterapia, Vinos y Caminos…, e exposicións de fotopoesía co Colectivo e Mezzo (Metropol’areo) e individuais (#poetógrafa). É membro do grupo Sinerxias, co que fai improvisación poética.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR