Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, a poeta Yolanda Castaño afonda na reedición trinta aniversario de Baleas e baleas, o clásico contemporáneo de Luisa Castro:

“Pasando das modas literarias, auténtica e fronte a todo construíu Luísa Castro esa poética: fusionando a cultura clásica e o banal, unha tenrura esgazada e unha inocencia violenta, unha vulnerabilidade arrichada e algo perversa, inocencia e perda da inocencia, emoción e rudeza, crueldade e amor. A súa coidada e pulcra reedición non deixa de ser unha forma de elocuente homenaxe.”

Podes consultar a recensión ao completo aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR