'To the winds our sails' é o título do libro que estes días se publica na editorial Salmon Poetry de Irlanda, con textos, entre outras, de Xohana Torres, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Ana Romaní, María do Cebreiro ou Xiana Arias Rego.

A poesía galega, así, que nos últimos anos ten experimentado un pulo importante protagonizado polas voces femininas, cruza a fronteira do país para metamorfosearse a través doutra lingua, mantendo a beleza do noso dicir, a cadencia poética de varias xeracións de poetas aquí representadas nesta antoloxía que ten que servir, de novo, para seguirmos crendo no proxecto dunha cultura galega, a cada día que pasa, máis e máis universal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR