Poesía e pantasma

Categoría: Nova

Nestes días está a chegar ás librerías de todo o país, dentro da colección de Ensaio, o novo libro de María do Cebreiro Rábade Villar, 'Fogar impronunciable. Poesía e pantasma'. Con esta obra, a escritora de Compostela aborda as relacións entre literatura, historia e ideoloxía, tres realidades indisolubles que se condicionan mutuamente, dun xeito consciente ou non, en todos cantos escriben. Con esta obra, María do Cebreiro dá un paso máis no seu traballo de análise crítica dos grandes asuntos da literatura universal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email