Petando nas portas de Dylan

Categoría: Nova

Estes días chega ás librerías unha nova edición do libro de poemas de Antonio García Teijeiro, 'Petando nas portas de Dylan'. Coñecida é a devoción do poeta vigués polo músico norteamericano. Como coñecida é a importancia da música pop e rock na súa produción, tantas veces bebendo nesas notas e nesas letras.

Agora, e coas ilustracións excelentes de Xosé Cobas que sempre acompañaron estes poemas, podemos achegarnos de novo a todo un clásico da súa poesía, para seguir petando nas portas de Dylan coa mesma intensidade lírica de sempre.

Comparte nas túas redes sociais ou por email