Cando se cumpre unha semana da inauguración da cita viguesa co libro, a nosa editorial culmina a xeira de presentacións con dúas novidades ben interesantes.
A primeira será o libro 'Pequenas historias para falar de sentimentos' de Xulia Fernández Rodríguez que presentaremos ás 19,45. A autora estará acompañada polas profesoras de música Victoria Pérez e Rosa Gayoso, o músico Moisés Quintas e polo editor Francisco Castro.
Logo, ás 20,30 h. o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo presentará 'As últimas galerías' acompañado da escritora Xina Vega e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Con estas dúas novas presentacións a Editorial Galaxia remata a súa participación nesta feira na que o seu traballo resultou especialmente fecundo ao protagonizar oito actos arredor das súas publicacións.
A seguinte cita serán as presentacións na cidade da Coruña, na primeira semana de agosto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR