Patricia Mallo presentou os seus CABEZOMBIS en Vigo

Categoría: Nova

A Casa do Libro de Vigo quedou pequena onte para acoller a presentación da primeira obra de Patricia Mallo, OS CABEZOMBIS NA MANSIÓN ESPELLO, que a nosa editorial vén de publicar na colección Árbore para lectores a partir de 10 anos. O libro está ilustrado por Perrilla.
Non houbo sitios libres para acompañar á autora neste primeiro acto e para a súa primeira novela. Estivo no acto, tamén, o editor do libro, Francisco Castro, quen sinalou que sen dúbida estabamos diante do primeiro libro do que ten que ser “unha saga exitosa” pois os Cabezombis, os personaxes que viven dentro da novela, dan para vivir moitas aventuras.
A autora ofreceu un divertidísimo discurso comentando os seus avatares vitais dende que remata a súa formación e decide saír ver mundo para completar os seus estudos. Logo de pedir unha beca que nada tiña que ver co seu, pero que lle permitía marchar aos Estados Unidos, remata na India, con máis tempo libre do que desexaría e aí é onde empeza a coller forma o libro que onte presentamos e que será, sen dúbida, un dos grandes éxitos desta tempada literaria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email