Pamuk sae á luz

Categoría: Nova

Hai uns días xa informabamos da chegada ás librerías da esperada novela de Orham Pamuk, "O museo da inocencia" verquida á nosa lingua antes que ao castelán. De feito a día de hoxe só é posible lela, ademais de na versión orixinal, en lingua alemá. Xa que logo, unha conquista máis da decidida política de traducións impulsada por Galaxia para verquer ao galego aos máis importantes autores e autoras da actualidade literaria mundial.
Mañá esta novela de Orhan Pamuk será presentada ás 12.30 horas no Pazo de Raxoi en Santiago aos medios de comunicación, nun acto no que participarán Socorro García Conde, Concelleira de cultura do Concello de Santiago, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Carlos Lema, director de edicións. "O museo da inocencia" aparece publicada dentro da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea en tradución de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email