Os nenos da varíola premiada na III Gala do Libro Galego

Categoría: Nova

Onte celebrábase no Teatro Principal de Compostela a III Gala do Libro Galego, convocada polo AELG, AGE e a Irmandade de Librarías de Galicia, uns premios que son xa, dende a súa creación, unha das citas máis importantes do calendario literario do país. E alí soubemos que Os nenos da varíola de María Solar fora escollida polo xurado como a mellor obra xuvenil publicada no pasado 2017. Un recoñecemento este que se suma xa aos moitos outros logros que María Solar acadou con este título: dende encher con miles de adolescentes os teatros galegos para falar de ciencia e literatura en colaboración co CSIC; ata descubrir unha placa no Hostal dos Reis Católicos reivindicando o valor da xesta médica, sin esquecer en ningún momento a reivindicación das mulleres silenciadas na ciencia e na historia, como foi a enfermeira Isabel Zendal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email