O 2020 comeza dándonos a alegría de ser o ano do noso 70 aniversario e o centenario da Xeración Nós, pero deixando tamén tras de sí, a lista de títulos máis vendidos deste 2019. Son moitos os libros que nos fan sentirnos orgullosas e orgullosos e con cada un deles emprendemos unha aventura diferente.

Velaquí deixamos a lista dos libros máis vendidos deste 2019 que vén de rematar:

  1. O último barco, de Domingo Villar.
  2. Os nenos da variola, de María Solar.
  3. Chamádeme Simbad, de Francisco Castro.
  4. Ollos de auga, de Domingo Villar.
  5. Beleza vermella, de Arantza Portabales.
  6. O misterio de Portomarín, de Antía Yáñez.
  7. O achado do castro, de Manuel Núñez Singala.
  8. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.
  9. A praia dos afogados, de Domingo Villar.
  10. Senlleiras (II Premio Illa Nova), de Antía Yáñez.

Esto foi o que decidiron as lectoras e lectores coas súas escollas literarias no 2019.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR