Hoxe, a novela de Antón Riveiro Coello, OS ELEFANTES DE SOKÚROV resultou gañadora do primeiro premio na categoría de MELLOR OBRA DE NARRATIVA.
Este é un premio importante na medida en que os que o conceden son as e os internautas a través dos seus votos directamente na web.
Felices na Editorial Galaxia por este galardón concedido a esta novela que, dende o primeiro instante, conquistou a lectores e críticos.