Estes días irá chegando ás librerías de todo o país o clásico de Ramón Otero Pedrayo, 'Os camiños da vida' que, dende o ano 1928, que viu a luz na mítica Editorial Nós, ata os nosos días, ven acompañando o devalar deste país xeración tras xeración.
Coma sempre, mantemos o formato clásico da primeira colección Literaria na que viu a luz en Galaxia, e a edición que no seu día preparou Ramón Mariño Paz.
Esta obra está considerada unha das pezas máis significativas da narrativa de Otero Pedrayo, pintura viva da sociedade rural de Galicia no século XIX, vista a través da historia de dúas familias fidalgas, os Doncos e dos Puga, dúas estirpesque representan o pasado e o futuro do país.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR