Olga e o dinosauro

Categoría: Nova

Breogán Riveiro é un dos grandes autores da literatura infantil e xuvenil dende a publicación do seu 'Tonecho de Rebordechao' que tantos miles de pequechos e pequechas galegos teñen lido dende que saíra hai xa uns cantos anos. As cinco edicións que levamos tirado do prelo desta obra así o demostran.

Dende esta semana, podemos atopar xa nas librerías de todo o país un novo título seu, 'Olga e o dinosauro', unha obra moi divertida e trepidante que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos, ilustrada por Andrés Meixide.
Os lectores e lectoras que se acheguen a esta aventura, verán que se ben é normal asustarse se de súpeto un dinosauro aparece no teu cuarto, ás veces as cousas non sempre acontecen así. Sobre todo se das cun dinosauro como o que protagoniza esta historia de Breogán Riveiro. Un bechiño sorprendente, curioso e moi intelixente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email