O xardineiro dos ingleses e a loita das de abaixo

Categoría: Nova

No Tempos Novos do mes de marzo, o crítico Francisco Martínez Bouzas comentaba O xardineiro dos ingleses a agardada novela de Marcos Calveiro coa que o autor gañou o XXIX Premio García Barros no 2017.
Comeza a súa recensión Martínez Bouzas, advertindo que nesta nova entrega Marcos Calveiro “cambia de rexistro e achégalle ao lectora galego una novela social e política na que homenaxea á xente do común, nomeadamente a elas, ás lavandeiras de Vilagarcía, e a súa loita, a loita dos e das de abaixo”. E conclúe: “Xa que logo, unha nova novela de martiroloxio galego, publicada abondos anos despois da aprobación da lei da Memoria Histórica, sen que se teña feito xustiza. Son a literatura e a historia as que cumpren con esa tarefa”.
Podes ler a recensión ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email