O voto feminino cumpre 86 anos

Categoría: Nova

Hoxe hai 86 anos que as mulleres españolas puideron participar por primeira vez co seu voto nas urnas. Foi na Segunda República nas eleccións xerais de 1933 e supuxo a estrea da muller como cidadá completa, con voz e voto. Foron as eleccións do voto feminino, nas que 6.800.00 mulleres puideron elixir por primeira vez aos seus representantes. O 19 de novembro de 1933 foron as segundas eleccións xerais da República proclamada o 14 de abril de 1931.
A primeira convocatoria electoral, en xuño de 1931, foron previas á aprobación da Constitución da República, levada a cabo no Congreso dos Deputados o 9 de decembro do mesmo ano. Aínda que o dereito a voto estivo recoñecido desde entón, as españolas non puideron exercelo ata hoxe hai 86 anos.
Clara Campoamor, impulsou o voto feminino ata logralo, xunto a outros recoñecementos para as mulleres como a igualdade xurídica ante o home ou o dereito a divorcio. Nas primeiras eleccións nas que a muller puido votar, Campoamor depositou o seu voto. E perdeu o seu escano nuns comicios gañados por CÉDAA. As mulleres só puideron participar nunhas eleccións libres máis, as de 1936, as do triunfo da Fronte Popular. A Guerra Civil e a ditadura suprimiron o voto libre, que non se recuperou ata as xerais de 1977, tras a morte de Franco
Toda esta epopea cóntase no libro de Clara Campoamor O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu, editado por Celia Pereira Porto e publicado na nosa colección Feminismos.
2785470.jpg

Comparte nas túas redes sociais ou por email