O segredo do humor

Categoría: Nova

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia un ensaio esencial de Celestino Fernández de la Vega (1914-1986). "O segredo do humor" foi publicado orixinariamente no ano 1963 e está considerado unanimemente un dos cumios da ensaística galega.

Neste libro, o autor de Friol plantea unha das reflexións máis sutís, rigorosas e orixinais das realizadas verbo do humor como expresión da relación do suxeito co mundo. Situado entre a traxedia e a comicidade, o espazo do humor é o espazo propio do home moderno.

A súa achega constitúe, así, unha das máis rigorosas e orixinais a un tema fundamental para a comprensión do ser humano e a súa relación co mundo. O humor pódese considerar como un dos fenómenos característicos da época moderna, xa que a esencia do humorismo reside no subxectivismo moderno. O humorismo é anovador, cuestiona as convencións e arríscase na singularidade.

Un clásico que aínda hoxe resulta absolutamente anovador.

Comparte nas túas redes sociais ou por email