O samaín é unha celebración moi relacionada co Día dos Fieis Defuntos e co magosto, baseada na tradición de tallar cabazas, que eran deixadas nos camiños para asustar ós camiñantes. En Galicia, a profunda sensibilidade cara ao mundo do pasamento é a mellor mostra da orixinalidade celta en Galicia.

A santa compaña, os sapos e as meigas, o “calacús”… son só un pequeno exemplo de toda a riqueza cultural e mítica que enche a nosa terra de lenda.

O escritor Carlos Labraña, moi consciente disto, reflexou ese legado en Estrelecer. Un libro que soña cun mundo onde as rapazas poidan ser libres. Nel, un grupo de amigas atópanse pola noite nunha casa especial. Semella que nela non habita ninguén. Pero hai unha estraña muller que parece que trae a morte con ela.

Carlos Labraña, un dos nosos escritores de teatro máis importantes, entréganos unha historia negra onde nada é o que parece: en realidade, todo é moito peor do que parece. Unha historia de medo, en que cada sombra agocha unha pregunta.

Se queredes pasar un samaín de medo recomendámosvos encarecidamente esta lectura.

Para ler sen deixar de respirar.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR