O I Premio Viadutos de Novela fallarase en xullo

Categoría: Nova

Por motivos de organización interna, o fallo do I Premio Viadutos de Novela, que estaba previsto para o pasado maio, adiarase ata finais do vindeiro mes de xullo. Será entón cando coñezamos o título da obra gañadora dos 3.000 euros do premio que será publicada na colección Literaria de Galaxia este outono.
o I Premio Viadutos de Novela está convocado conxuntamente polo Concello de Redondela, a través da súa Concellería de Xuventude, e a Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email