O éxito do terceiro libro de receitas de Benigno Campos semella non ter freo, de feito, contabilizamos xa 10.000 exemplares deste o seu novo e terceiro recetario.
Mañá mércores estará, a partir das 19.30 h, conversando con quen queira achegarse ata a librería Cronopios de Pontevedra, nunha parola que será, e nunca mellor dito, saborosa con total seguridade.
Novas receitas para apostar pola cociña de toda a vida. Como recentemente declaraba o cociñeiro nunha entrevista en La Voz de Galicia: "os galegos somos de prato grande e de grolo longo, polo tanto gústanos ese tipo de cociña, prato único, pero abundante. Iso non quere dicir que eu estea en contra da cociña de vangarda, que por outra banda está a ter éxitos importantes en Galicia, onde temos varias estrelas Michelin que o avalan. Pero a miña cociña foi e espero que siga sendo, a de sempre".

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR