Hai unhas semanas, Xulio Carballo escribía sobre o debuxante e humorista Xaquín Marín, coñecido por historietas protagonizadas por personaxes como Lixandre ou Gaspariño, a propósito da publicación de Tonecho, personaxe que nace no suplemento infantil Golfiño, e que chega agora ao completo en máis de cen historias recollidas nun só volume da man de Galaxia.

Xaquín Marín busca así achegarse aos máis novos a través deste rapaz que insiste en transmitir a súa peculiar visión do mundo nun formato como son as historietas de carácter secuencial. Xulio Carballo comentaba sobre Tonecho que “nas máis de cen historias deste “neno para nenos” podemos mergullarnos decote nos mundos imaxinados e de fantasía aos que foxe este rapaz ancorado na cidade ou ben, xa nun eido máis terreal”. Á súa vez, Carballo destaca sobre o autor que: “con Tonecho a mirada chega máis docemente aos lectores máis novos sen perder un chisco de retranca e da crítica”.

Podes descargar o artigo completo aquí.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR