O NENO CAN e O SABRE DO FRANCÉS

Categoría: Nova

Rematamos o mes de maio coa presentación mañá xoves de dúas novidades de Galaxia que xa se atopan nas librerías do país.

A Galería Sargadelos de Pontevedra acolle a partir das 20:00 horas a presentación de O NENO CAN, libro a favor de UNICEF escrito a catro mans por Fina Casalderrey e Francisco Castro. Os autores estarán acompañados na mesa por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia.

E ás 20:30 horas no Casino do Carballiño terá lugar a presentación da nova edición, con dous contos máis, de O SABRE DO FRANCÉS, de Miguel Anxo Fernández. Xunto co autor participan Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Saúl Otero, artista, autor da portada do libro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email