O monstro de Ille: unha historia de intriga

Categoría: Nova

Na revista Tempos Novos deste mes xaneiro, Sofía Malvido Cordeiro falaba sobre Jorge Emilio Bóveda e a súa novela O monstro de Ille, a primeira achega narrativa do autor ao catálogo de Galaxia.
Na súa recensión, Malvido argumentaba que “un dos grandes acertos da narración é a cita inicial de cada capítulo cun suceso paranormal acontecido no pazo, extraído do diario dunha das irmás, que crea un diálogo metaliterario entre ficción e autor”.
Sendo esta historia un crebacabezas cheo de intensidade, de violencia e de agochos misteriosos, Malvido Cordeiro tamén recalcou que: “A propia historia, de estructura aristotélica, chega ao fin cun notable aumento do ritmo narrativo respecto á dúas partes iniciais, precipitando o destino adverso das irmás e a resolución dos conflitos xurdidos na trama. A historia mantén a intriga desde o inicio polo bo facer do autor e o seu xeito de enguedellar os elementos que se van presentando na narración”.
Podes descargar o artigo completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email