O MEU PESADELO FAVORITO entra na prestixiosa Lista White Ravens 2015

Categoría: Nova

Esta fin de semana, a International Youth Library de Múnich daba a coñecer a prestixiosa Lista White Ravens que recoñece os libros de literatura infantil máis destacados do mundo. Entre eles, o libro de María Solar, O MEU PESADELO FAVORITO que publicamos a primeiros de ano, gañador do premio Lazarillo 2014 e que xa viaxou ao castelán e ao catalán. Os White Ravens constitúen unha exclusivísima lista na que só se inclúen aquelas obras que reúnen altos méritos literarios. O libro de María Solar, sen dúbida, é un deles.
A obra, dende o momento do seu lanzamento, está a conquistar a crítica e lectorado galego, e camiña firme cara a reedición e é un dos libros máis prescritos no sistema educativo galego para este curso que vén de comezar. Mais, como se espera de toda a boa literatura, axiña viaxou a outras latitudes lingüísticas, sendo publicada xa en castelán e catalán e, moi probablemente, axiña noutras máis.
A inclusión deste libro dentro da lista White Ravens consolida, máis aínda, a unha das autoras xa referenciais da Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email