Dende hoxe, a web de Editorial Galaxia ofrece unha nova sección na súa web, titulada O LIBRO DO MES. Premendo nela, os e as internautas poderán descargar de balde algunhas páxinas das novidades que a nosa editorial irá publicando.

Comeza esta sección co primeiro capítulo da novela de Xavier Alcalá, 'Verde oliva'. Dende a sección O LIBRO DO MES, os lectores e lectoras poderán acceder a un PDF interactivo que, ademais de ofrecernos ese primeiro capítulo, nos leva, se así o queremos, á ficha do autor e do libro. Ao tempo, na sección de NOVIDADES da web crearase un reservorio no que se irán acumulando todos estes materiais para que quen visita a web de Galaxia poida ler, cando lle apeteza, parte dos libros que se teñan ofertado nesta proposta dixital que funciona en calquera dispositivo (ordenador, iPad, móbil…) con conexión a internet.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR