O feminismo galego reivindica a Begoña Caamaño

Categoría: Nova

O feminismo galego reinvidicou este 8 de marzo aa figura de Begoña Caamaño, tristemente falecida o pasado mes de outubro. Loitadora incansable polos dereitos das mulleres, Begoña Caamaño é reivindicada polas súas compañeiras feministas como un símbolo de "muller sol": Circe, Morgana, cómplice, eterna amiga, libre, creadora, dona do seu propio destino e defensora do dereito de cada muller a ser ela mesma, afrontando e enfrontando as dificultades individuais e colectivas con fortaleza e felicidade. Mans entrelazadas de ducias de mulleres inundaron este domingo as redes sociais, en recordo dunha imaxe na que Begoña unía as súas ás da súa amiga e cómplice, Uxía.

Begoña Caamaño é, sen dúbida, unha das voces máis singulares e talentosas da literatura galega actual. A súa obra está publicada integramente pola Editorial Galaxia, que ven de lanzala tamén ao mercado español a través do selo Mar Maior.

Comparte nas túas redes sociais ou por email